Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 25 de julho de 2014

Poema


Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes
poño eu a ampla fronda
a redroma dun castiñeiro
e sentada á súa sombra xunta a longa estirpe do
último labrego.


Non coma as estirpes dos reis
ciscadas en múltiples pazos e alcázares
en países diversos
senón as estirpes campesiñas
xeraciós e xeraciós
xuntas á porta das casas pechadas
na escaleira de pedra
ou nas raigañas fóra dunha árbore coma esta.


Estirpes da gleba
amosados mortos que nin oxa o sol de Xullo
cando se erguían pra gadañar co orvallo!

Gadañarei outro ano
gadañarei em homenaxe
non por que a herba volva tenra e igual
e defender os prados gañados á bouza.

Gadañarei coma nas grandes rogadas do Vrao
tralos gadañeiros sucesivos
lambendo com brío os calcaños de diante.
Ir e vir a gadaña canta a ritmo binario
sobre um fondo de roxe ou río contino.

O Courel. Vrao 1995

Uxío Novoneyra

Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes

ed. Noitarenga

quarta-feira, 16 de julho de 2014

[Patria]

*
É xa hora de que señas toda patria dos teus
dos que gardaron a fala em que máis se dixo adeus
e señas dona de ti e señora de falar
señora de decidir e dona de se negar.

Uxío Novoneyra

Do Courel a Compostela
Sotelo Blanco Edicións, 1988

domingo, 28 de julho de 2013

ODE Á BELEZA DA PALABRA


SÓ a palabra vale. Unicamente
ela ilumina o mundo,
dalle claridade ás cousas
e fai nídia e intelixíbel
a confusa escuridade do noso
ser, mortal e indeciso.
Tudo muda. Somente a palabra
permanece, na súa infinitude,
se leva dentro de si a chama
que um día queimou, con
lúcida paixón e con verdade,
a desolada flor da nosa vida.

Manuel María

in As lúcidas lúas de Outono

sábado, 9 de janeiro de 2010

[Rogadas do Vrao]

Gadañarei coma nas grandes rogadas do Vrao
tralos gadañeiros sucesivos
lambendo con brío os calcaños de diante.
Ir e vir a gadaña canta a ritmo binario
sobre um fondo roxe ou rio contino.

Uxío Novoneyra