sábado, 17 de outubro de 2015

[Quero decir paixón]


*
   Un levián orballo, unha ledicia
e vai nacendo este milagre novo,
este medrar preciso do teu peito,
esta quentura fonda ou esta lúa
que esbara pola bris do meu ollar.


  Com feble luz tremente, eu tezo fios
pra cántigas de amor, claras e inxeles:
e vou prendendo vivas labaradas
no agarimo profundo do teu seo.


  Quero decir paixón, e digo noiva
con verba labourada en fino labio,
digo mencer tranquilo, serán quedo,
anceio de durmir no teu acougo.

Antón Avilés de Taramancos
O Tempo no Espelho
 ediciós do Castro

Sem comentários: