segunda-feira, 1 de abril de 2013
Oración Derradeira
Señor:
Non che pido que camiñes
sobre as augas.
Véñome sentar á túa beira.
As miñas armas
aí están sobor da area.
Deixar que o mar
as vele...
Estou canso!
Pidoche
que as douradas portas
da lonxanías, as peches.
De alí viñan os meus versos.
Ise páxaro brilhante
fatigou a miña frente.
Que sólo unha sombra
seña sobre o mar
Estou canso!
Que os lirios
do sono
caian riba das miñas pálpebras.
Non me fagas ningunha pregunta:
faríasme
volver a empezar.
Coma cando o viático
por unha rúa pasa,
eu quero ise silencio agora,
ise solitario silencio
que se levaron do Sagrario
e que uns instantes
queda pechado e baleiro.
O mar está quedo,
e na area
as miñas modestas armas
vanse sumindo.
Non quero soñar
coas miñas lonxanías misteriosas.
Alonxa ise páxaro brillante.
Que frescura sinte a miña frente
apoiado no teu manto!
Señor, Señor
pecha o meu libro pra sempre!
Luis Pimentel
Sombra do Aire na Herba
Etiquetas:
Dias imperfeitos,
Luis Pimentel,
poesia galega
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário